Quen somos?

Este proxecto nace nun curso desenvolvido polo CFR de Vigo chamado "As TAC no deseño de actividades integradas", 
e

enmárcase dentro da Fase 1 do  Proxecto ConVigoTablets

O obxectivo final é que os participantes (neste caso profesores e profesoras do ámbito xeográfico do CFR de Vigo) experimente o traballo a través de Tarefas Integradas, realizando unha Tarefa, cuxo produto final será a realización de cada grupo de asistentes da súa propia actividade integrada.

No curso traballaranse:

Aprendizaxe cooperativo

Deseño de tarefas

Aprendizaxe por competencias

Avaliación por competencias

 Interdisciplinariedade

Intelixencia emocional

TAC

Atención á diversidade
Os resultados de aprendizaxe que se pretenden acadar no curso son:

  1. Valora e respeta o traballo individual e en grupo.
  2. Utiliza as TAC para a elaboración e implementación das tarefas.
  3. Deseña de forma reflexiva instrumentos de avaliación das competencias.
  4. Argumenta os pros e os contras do uso de metodoloxías activas.
  5. Recoñece as distintas fases no deseño dunha tarefa e valora a importancia da planificación.

O curso foi deseñado e impartido polas docentes:

Silvia Pascual Fernández

Nuria Garabal González (@urigago)


e asesorado e deseñado polas asesoras:
Carmen Vaz (@krvada)

Cristina Puga (@crispuga)
 

Os participantes son profesoras e profesores dos centros educativos da área do CFR de Vigo que traballan en seis equipos cooperativos.